Casa Cultural de Galicia "As Burgas" de Éibar

Ó ser unha entidade de carácter predominante cultural, leva a cabo numerosas e variadas actividades culturais:

* Cursos de lingua galega
* Cursos de literatura, historia e cultura galega
* Cursos de danza e baile galego
* Exposicións de pintura, escultura, fotografía e cerámica galega
* Conferencias, charlas e coloquios
* Proxeccións audiovisuais sobre tradicións e costumes galegos
* Concursos de debuxo infantil
* Concursos de disfraces, etc.

A celebración máis festexada é o “Día das Letras Galegas” adicándolle unha semana repleta de actos culturais, festivos e deportivos, como: concursos de poesía, debuxo e literatura; conferencias, partidos de fútbol, actuacións de grupos de baile galego, degustación de productos típicos galegos, etc.

Outras festividades importantes son: o Magosto, a Festa do Entroido, Fin de ano, etc. Tamén participan e colaboran nas festas locais de S. Isidro e de S. Juan, acudindo co seu grupo de baile “Os Galaicos”, o cal participa en todas as festividades celebradas pola Casa de Galicia e en numerosas actuacións doutras localidades do País Vasco .

Teñen unha Revista denominada “Día das Letras Galegas”, de publicación anual, que recolle artigos de temática galega, reportaxes de galegos ilustres, actividades realizadas pola entidade e en especial, os actos programados para celebrar esa eferéride tan significativa para Galicia e os galegos.

A actividade deportiva tamén é moi importante nesta sociedade. Organizan competicións de fútbol na categoría de alevín e aficionado, campionatos de tirada de chave, partidos de pelota a man, e probas ciclistas.