Casa Cultural de Galicia "As Burgas" de Éibar

A Casa Cultural de Galicia de Eibar foi fundada en 1984 por un grupo de galegos, encabezado por Antonio Alonso, e un vasco, Josu Arcocha, fillo de pescadores vascos que estivera vivindo moito tempo en Ferrol e sentíase plenamente identificado cos galegos.

A primeira reunión, na que se xestou a entidade, realizouse o 28 de febreiro e a súa inauguración oficial non se celebrou ata o 20 de maio dese ano 84, facendo coincidir a celebración do Día das Letras Galegas. Ó acto asistiron, entre outras personalidades, o consejero do Goberno Vasco, Excmo. Sr. D. Castor Garate, en representación do Lehendakari e o Ilmo. Sr. alcalde de Eibar xunto con varios concelleiros.

O primeiro obxectivo, nos seus inicios, foi acadar un local en propiedade onde desenvolver as súas actividades; logro que se fixo realidade o 2 de marzo do ano 1984, despois de mercar un local con aportacións dos socios e un préstamo hipotecario, realizando parte do seu acondicionamento por eles mesmos en horas libres.

O local conta con: oficina, comedor, sala de xuntas, cociña, biblioteca e bar,  especializado en comidas galegas

Esta entidade ostenta a condición de galeguidade que lle foi recoñecida pola Xunta de Galicia o 12 de xaneiro de 1989, por Decreto 28/89 (DOG nº 34, do 17 de febreiro de 1989). Na actualidade, conta cun total de 237 socios, dos cales 210 son galegos.

A Casa Cultural de Galicia de Eibar participa en numerosos actos de irmandamento coa comunidade vasca así como con outros centros galegos do País Vasco. De feito, forma parte da “Irmandade de Centros Galegos en Euskadi” e da “Federación de Casas Rexionais en Guipúzcoa”.

É de destacar a súa labor solidaria, en momentos especialmente dificiles, como foi a súa aportación desinteresada coas víctimas da catástrofe producida polo huracán Mitch, en Centroamérica.